Que é Sarria <30?

Sarria<30 é un programa aberto ao público xeral especialmente pensado para as persoas arredor dos 30 anos dos sete concellos da comarca de Sarria, que busca crear espazos de participación, aprendizaxe e encontro a través da cultura, a formación e o lecer.
O programa propón sete laboratorios formativos e un evento central final, combinando o intercambio de experiencias coa formación en emprendemento cultural, co obxectivo de fortalecer a capacidade de innovación cultural da comarca.
Sarria <30 nace coa vontade de acompañar á mocidade no seu día a día, promover a creación de comunidade e facilitar oportunidades accesibles para compartir intereses, aprender en común e desenvolver iniciativas propias nun contorno próximo, inclusivo e respectuoso.
Os laboratorios Sarria <30

Os laboratorios de Sarria <30 son espazos de aprendizaxe práctica concibidos como contextos abertos de intercambio de experiencias, coñecementos e miradas diversas.
Aínda que o programa está orientado principalmente a persoas arredor dos 30 anos, os laboratorios están abertos á participación de persoas doutras idades, colectivos e perfís profesionais, coa intención de enriquecer os procesos de aprendizaxe desde unha perspectiva interxeracional e intercultural.
O Laboratorio Sarria <30 · Evento central reforza especialmente este compoñente innovador, funcionando como un espazo de visibilización pública, transferencia de coñecemento e posta en común de iniciativas culturais e emprendedoras impulsadas principalmente por persoas arredor dos 30 anos.
A quen vai dirixido Sarria <30
O Programa Sarria <30 está aberto ao público xeral especialmente pensado para as persoas arredor dos 30 anos que viven, estudan ou manteñen relación coa comarca de Sarria e cos concellos de Sarria, Paradela, O Páramo, Láncara, O Incio, Samos e Triacastela.
Os laboratorios formativos funcionan como masterclass abertas a distintos públicos, favorecendo a participación de persoas de diferentes idades e perfís, mentres que no evento central ponse o foco na visibilización de iniciativas impulsadas por persoas arredor dos 30 anos.
Evento central Sarria <30

Lugar: Praza de Abastos de Sarria
Datas: 30 de maio de 2026
Horario: de 11.00-14.30 e 17.00-21.00
Presenta: Eros López. Xornalista
O evento central de Sarria <30 celebrarase como unha xornada aberta nun espazo simbólico e accesible no centro da vila. A Praza de Abastos converterase nun escenario compartido no que a mocidade será a protagonista, presentando proxectos culturais e empresariais, compartindo experiencias e amosando procesos creativos.
A programación combinará entrevistas abertas, mesas de debate, exposicións e actividades participativas, cun enfoque multidisciplinar que inclúe cultura, música, arte, deseño, moda, emprendemento, tecnoloxía, innovación social e comunicación.
Participarán persoas mozas emprendedoras dos sete concellos da comarca, Sarria, Paradela, O Páramo, Láncara, O Incio, Samos e Triacastela, xunto con persoas convidadas con proxectos desenvolvidos noutros contextos, reforzando a conexión entre o territorio e a diáspora.
O evento está aberto a todo o público e dirixido principalmente á mocidade arredor dos 30 anos, á comunidade sarriana en xeral e ás persoas visitantes interesadas na realidade cultural e innovadora da comarca.
►
Programa
Durante todo a xornada a Rede de Polos de Emprendemento de Emprego Galicia, responderá as vosas dúvidas desde unha mesa informativa.
11.30 h · Emprender desde a igualdade
Ana Silva Romero e Paula Carrera Sotelino da ONGD Enredadas Galicia.
Presentación da ONGD Taller de Solidaridade e do proxecto Enredadas no cambio, centrada na igualdade e na xustiza global, con foco nas mulleres e no impulso do autoemprego desde a sostibilidade e a economía social. Desde un enfoque dialóxico e participativo que permita o intercambio de experiencias e retos no camiño do emprendemento. Paralelamente unha Exposición estará durante os 15 días previos no vello cárcere de Sarria.
12.30 h · Mesa de Patrimonio Inmaterial
Encontro arredor das festas e tradicións locais como expresión de identidade, e recurso turístico. Guiada polo investigador e divulgador do patrimonio inmaterial Rafael Quintía.
- Danzantes da Cervela, O Incio.
- Asociación Noite Meiga de Sarria.
- Asociación Val de Láncara. Festa de Malla.
- Carmen López. Profesora e investigadora USC. Pequena intervención musical

As Danzas da Cervela no Incio, forman parte das danzas gremiais, unha expresión de patrimonio inmaterial transmitida principalmente de forma oral. Esta tradición soubo adaptarse aos cambios sociais mantendo os seus elementos esenciais: o baile, a vestimenta e a ornamentación.
Exemplifica a transmisión oral como ferramenta de continuidade cultural.
A Noite Meiga de Sarria é unha celebración do patrimonio inmaterial que bebe do imaxinario popular arredor da música, maxia, conxuros e as crenzas tradicionais. A través de representacións, ambientacións e participación colectiva, recupéranse símbolos e relatos asociados á tradición meiga e a convivencia delas como mulleres nas sociedades dos seus tempos.
Esta iniciativa pon en valor a transmisión oral e o universo simbólico do territorio, adaptándoo a formatos actuais que favorecen a implicación da comunidade e a súa proxección cultural.
A Festa da Malla en Láncara é unha expresión do patrimonio inmaterial ligada ás prácticas agrarias tradicionais, que recupera de forma colectiva os traballos da malla como espazo de convivencia e transmisión de saberes. A través da recreación destas tarefas, mantéñense vivos coñecementos, ritmos e formas de organización comunitaria propias do rural.
Valoriza a memoria colectiva e a participación social na preservación das tradicións, adaptando o seu significado a un contexto actual, converténdose nun recurso cultural e educativo clave para o territorio.
Carme López Fernández. Intérprete, docente e investigadora no campo da música de tradición oral galega. Graduada e Mestra de Educación Primaria con mención en música (USC), titulada superior de Interpretación na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia (CSMV), Máster en interpretación e investigación musical (VIU) e doutora pola UDC cunha tese que toma como base o repertorio vocal acompañado de percusión de man de Liñares (Avión – Ourense). Baixo o nome artístico de Carmela, presentará o seu último traballo en formato acústico.
13.30 h · Mesa Pop-up Gastronómica. Degustación comentada de tapas.
Espazo dedicado á posta en valor dos produtos locais e da gastronomía da comarca. Cultura
gastronomica con innovación local guiada polo cociñeiro Alberto Mourelo. Colaboran Ganadería
Quintián e Cárnicas Teijeiro.
17.00 h · Mesa de Eventos Musicais. Seis exemplos.

Dos oito festivais e iniciativas musicais comarcais: Asociación Cultural Rúa da Música-Sarria,
Asociación O Buril-Sarria, Esmorga Fest-Sarria, Festival Blues no Camiño-Sarria, Festival Terra Brava
-O Incio, Festival Treme Terra-O Incio, Rivela Love Nature-Sarria, Verbena Fest-Sarria.
Presentaremos as novidades e o seu traballo na dinamización cultural do territorio en conversa con:
- Asociación Cultural Rúa da Música
- Asociación O Buril
- Festival Terra Brava
- Festival Treme Terra
- Rivela Love Nature
- Verbena Fest
18.30 h · Mesa de Emprendemento <30. Experiencias.
Centrarase na presentación de experiencias de éxito impulsadas por persoas mozas en diferentes
ámbitos profesionais.
- Julia Lago. A Grelería no Incio
- DHG Team, Santa bikes en Sarria.
- Antía Castro. Óptica Malecón en Sarria.
- Elena López. Motociclismo galego. Sarria
- Cesar Nó. Director de Marketing Galimplant. Sarria
- Mel Casa Benito. O Incio
20.00 h · Peche da xornada
Nun ambiente festivo e de celebración colectiva.
Off Sarria<30 · SAHA *SHOWCASE

Artista sarriá que mestura a faceta de productor e intérprete cun enfoque propio. Presentará nun formato SHOWCASE o seu último traballo “SUPERSUAVE”.
Se queres participar nalgunha mesa coa túa proposta ou experiencia, fáinolo saber a través de:
✉︎ auria@ourvirmos.com
✆ 629 844 837
O territorio

Sarria <30 desenvólvese nun territorio cunha forte identidade cultural e histórica ligada ao Camiño de Santiago, entendido como un espazo de encontro, intercambio e diversidade cultural.
O programa adopta un enfoque comarcal que permite traballar desde unha perspectiva comunitaria máis ampla, afrontando retos compartidos como a dispersión territorial, o envellecemento ou a perda de poboación, ao tempo que pon en valor o patrimonio cultural, social e humano da comarca.
Servizo de transporte
Para facilitar a mobilidade e a participación nas actividades descentralizadas do proxecto Sarria <30, habilitarase un servizo de transporte gratuíto específico para cada laboratorio, con saída desde Sarria.
Este servizo permite superar as dificultades derivadas da dispersión territorial da comarca e garantir o acceso ás actividades en igualdade de condicións. O transporte convértese así nunha ferramenta clave para favorecer a participación, reforzar a cohesión entre concellos e facilitar a creación de vínculos sociais no marco do proxecto.
Equipo convidado
Patricia Hermida

Chus Caramés

Ruth Pérez

Manuel Bragado

Davide Salvado

Rut Balbís

Manuel Gago

Ernesto Is

Rafael Quintía

Alberto Mourelo

Programa
Propoñemos laboratórios temáticos guiados por expertos recoñecidos na matéria a tratar.
Prazas limitadas por orden de inscrición:

Laboratorio de Teatro. Sesión escénica co corpo e expresión
Laboratorio de Teatro. Xornada infantil de inclusión

Lugar: Sarria
Datas: 2 de maio (Xornada de Teatro. Sesión escénica co corpo e expresión) e 9 de maio de 2026 (Sesión de teatro. Xornada infantil de inclusión)
Horario: de 10.30 a 14.00 horas
Imparte: Ernesto Is, dramaturgo e profesor da Escola Superior de Arte Dramático
En Sarria celebrarase un Laboratorio de Teatro con dúas sesións formativas, unha delas centrada especialmente na diversidade e na inclusión. A actividade está pensada para persoas interesadas na arte escénica e para grupos de teatro afeccionado, e contará coa colaboración de colectivos locais.
O laboratorio propón o teatro como unha ferramenta creativa, participativa e inclusiva, orientada a favorecer o empoderamento persoal e colectivo e a promover iniciativas culturais e artísticas na vila e na comarca.
A actividade está dirixida á mocidade, ás asociacións culturais e ao público xeral.

Laboratorio de xestión de eventos musicais

Lugar: O Incio
Datas: 2 de maio de 2026
Horario: de 10.30 a 14.00 horas
Imparte: Patricia Hermida, presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais. (AGEM)
Actividade formativa especializada en normativas autonómicas e estatais, seguridade nos espectáculos e implicacións legais para unha correcta e segura organización de eventos.
Patricia Hermida, é avogada especialista neste ámbito, quen achegará a súa experiencia profesional para orientar ás persoas participantes no cumprimento legal e na planificación segura dos eventos.
Actividade dirixida á organizadores, ás asociacións culturais e a profesionais vinculados á xestión musical, co obxectivo de fortalecer capacidades, compartir experiencias e mellorar a preparación técnica e legal da organización de festivais e actividades culturais na comarca.

Laboratorio de danza contemporánea

Lugar: Láncara
Datas: 10 de maio de 2026
Horario: de 10.30 a 14.00 horas
Imparte: Rut Balbís, Pisando Ovos
No marco do programa Sarria <30, a Láncara acollerá un Laboratorio de Danza Contemporánea, concebido como unha experiencia práctica de creación en diálogo coa natureza.
O laboratorio explorará as posibilidades da Danza Contemporanea como disciplina que integra a contorna natural, promovendo procesos creativos que poñen en valor o patrimonio paisaxístico de Láncara. A proposta contempla tamén un espazo de mediación e liderado social, facilitado pola experiencia do espazo da Palleira de Manán, onde se desenvolverá a sesión de tarde. O obxectivo é fomentar a reflexión crítica e a aprendizaxe compartida a través da danza.
A actividade estará aberta á colectivos culturais, así mesmo ao público interesado en experimentar novas formas de expresión artística vencelladas á natureza e á identidade do territorio.

Laboratorio de literatura, rutas e certames

Lugar: Paradela
Datas: 16 de maio de 2026
Horario: de 10.30 a 14.00 horas
Imparte: Manuel Bragado, ex Director de Edicións Xerais de Galicia, Presidente dos Premios da Critica de Galicia, Presidente Fundación Luces, Patrono Fundación Celso Emilio Ferreiro.
Dentro da programación de Sarria <30, Paradela acollerá un Laboratorio de Literatura, Rutas e Certames, impartido por Manuel Bragado, editor e referente do sector literario en Galicia.
Este laboratorio combina reflexión teórica e análise práctica, co obxectivo de dar visibilidade ao potencial do sector literario e ao papel dinamizador da cultura escrita na identidade da comarca. A proposta está dirixida á mocidade, a profesorado, creadoras e creadores, así como a asociacións e público interesado en coñecer de preto o funcionamento de certames e rutas culturais como ferramentas de promoción do territorio.

Laboratorio de patrimonio inmaterial. Canto

Lugar: O Páramo
Datas: 16 de maio de 2026
Horario: de 10.30 a 14.00 horas
Imparte: Davide Salvado
No marco de Sarria <30, O Páramo acollerá un Laboratorio de Patrimonio Inmaterial centrado no Canto Tradicional, concebido como un espazo de aprendizaxe e transmisión oral.
A sesión estará guiada por un dos grandes referentes da música tradicional galega, Davide Salvado.
O laboratorio terá unha dimensión práctica e participativa, reunindo agrupacións da comarca e promovendo a continuidade do canto como patrimonio vivo e potenciando o intercambio entre colectivos culturais.

Laboratorio de patrimonio inmaterial. Baile

Lugar: Samos
Datas: 23 de maio de 2026
Horario: de 10.30 a 12.00 horas (Grupo 1) e de 12.30 a 14.00 horas(Grupo 2)
Imparte: Chus Caramés (Grupo 1) e Ruth Pérez (Grupo 2)
Samos será escenario dun Laboratorio de Patrimonio Inmaterial centrado no Baile Tradicional, concebido como unha masterclass dirixida aos grupos de danza da comarca.
A actividade será impartida por Chus Caramés especialista en didáctica do baile e Ruth Pérez, integrante esta última do grupo Cántigas e Frores de Lugo e ambas referentes na recuperación, difusión e ensino da danza galega.
Este laboratorio procura reforzar as capacidades formativas dos grupos locais de baile, ao tempo que promove a transmisión interxeracional e o recoñecemento social desta práctica cultural.
A sesión está dirixida á todas aquelas persoas interesadas na mellora práctica do baile tradicional.

Laboratorio cultura e turismo

Lugar: Triacastela
Datas: 23 de maio de 2026
Horario: de 10.30 a 14.00 horas
Imparte: Manuel Gago
No marco de Sarria<30, Triacastela acollerá un Laboratorio de Cultura e Turismo, centrado na relación entre o tecido empresarial e empreendedor e o potencial do Camiño de Santiago como eixo de desenvolvemento local.
A sesión será conducida por Manuel Gago, experto en dinamización territorial e turismo cultural.
O laboratorio reunirá tamén a entidades e profesionais diretamente vinculados ao Camiño, co obxectivo de reforzar a cooperación público-privada, compartir experiencias e explorar estratexias innovadoras para vincular cultura, turismo e emprendemento.
A actividade está dirixida a emprendedores e emprendedoras, asociacións culturais e profesionais do sector turístico, así como á mocidade interesada en novas oportunidades arredor do Camiño de Santiago como motor económico, social e cultural da comarca.
Evento central Sarria <30

Lugar: Praza de Abastos de Sarria
Datas: 30 de maio de 2026
Horario: de 11.00-14.30 e 17.00-21.00
Presenta: Eros López. Xornalista
O evento central de Sarria <30 celebrarase como unha xornada aberta nun espazo simbólico e accesible no centro da vila. A Praza de Abastos converterase nun escenario compartido no que a mocidade será a protagonista, presentando proxectos culturais e empresariais, compartindo experiencias e amosando procesos creativos.
A programación combinará entrevistas abertas, mesas de debate, exposicións e actividades participativas, cun enfoque multidisciplinar que inclúe cultura, música, arte, deseño, moda, emprendemento, tecnoloxía, innovación social e comunicación.
Participarán persoas mozas emprendedoras dos sete concellos da comarca, Sarria, Paradela, O Páramo, Láncara, O Incio, Samos e Triacastela, xunto con persoas convidadas con proxectos desenvolvidos noutros contextos, reforzando a conexión entre o territorio e a diáspora.
O evento está aberto a todo o público e dirixido principalmente á mocidade arredor dos 30 anos, á comunidade sarriana en xeral e ás persoas visitantes interesadas na realidade cultural e innovadora da comarca.
►
Programa
Durante todo a xornada a Rede de Polos de Emprendemento de Emprego Galicia, responderá as vosas dúvidas desde unha mesa informativa.
11.30 h · Emprender desde a igualdade
Ana Silva Romero e Paula Carrera Sotelino da ONGD Enredadas Galicia.
Presentación da ONGD Taller de Solidaridade e do proxecto Enredadas no cambio, centrada na igualdade e na xustiza global, con foco nas mulleres e no impulso do autoemprego desde a sostibilidade e a economía social. Desde un enfoque dialóxico e participativo que permita o intercambio de experiencias e retos no camiño do emprendemento. Paralelamente unha Exposición estará durante os 15 días previos no vello cárcere de Sarria.
12.30 h · Mesa de Patrimonio Inmaterial
Encontro arredor das festas e tradicións locais como expresión de identidade, e recurso turístico. Guiada polo investigador e divulgador do patrimonio inmaterial Rafael Quintía.
- Danzantes da Cervela, O Incio.
- Asociación Noite Meiga de Sarria.
- Asociación Val de Láncara. Festa de Malla.
- Carmen López. Profesora e investigadora USC. Pequena intervención musical

As Danzas da Cervela no Incio, forman parte das danzas gremiais, unha expresión de patrimonio inmaterial transmitida principalmente de forma oral. Esta tradición soubo adaptarse aos cambios sociais mantendo os seus elementos esenciais: o baile, a vestimenta e a ornamentación.
Exemplifica a transmisión oral como ferramenta de continuidade cultural.
A Noite Meiga de Sarria é unha celebración do patrimonio inmaterial que bebe do imaxinario popular arredor da música, maxia, conxuros e as crenzas tradicionais. A través de representacións, ambientacións e participación colectiva, recupéranse símbolos e relatos asociados á tradición meiga e a convivencia delas como mulleres nas sociedades dos seus tempos.
Esta iniciativa pon en valor a transmisión oral e o universo simbólico do territorio, adaptándoo a formatos actuais que favorecen a implicación da comunidade e a súa proxección cultural.
A Festa da Malla en Láncara é unha expresión do patrimonio inmaterial ligada ás prácticas agrarias tradicionais, que recupera de forma colectiva os traballos da malla como espazo de convivencia e transmisión de saberes. A través da recreación destas tarefas, mantéñense vivos coñecementos, ritmos e formas de organización comunitaria propias do rural.
Valoriza a memoria colectiva e a participación social na preservación das tradicións, adaptando o seu significado a un contexto actual, converténdose nun recurso cultural e educativo clave para o territorio.
Carme López Fernández. Intérprete, docente e investigadora no campo da música de tradición oral galega. Graduada e Mestra de Educación Primaria con mención en música (USC), titulada superior de Interpretación na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia (CSMV), Máster en interpretación e investigación musical (VIU) e doutora pola UDC cunha tese que toma como base o repertorio vocal acompañado de percusión de man de Liñares (Avión – Ourense). Baixo o nome artístico de Carmela, presentará o seu último traballo en formato acústico.
13.30 h · Mesa Pop-up Gastronómica. Degustación comentada de tapas.
Espazo dedicado á posta en valor dos produtos locais e da gastronomía da comarca. Cultura
gastronomica con innovación local guiada polo cociñeiro Alberto Mourelo. Colaboran Ganadería
Quintián e Cárnicas Teijeiro.
17.00 h · Mesa de Eventos Musicais. Seis exemplos.

Dos oito festivais e iniciativas musicais comarcais: Asociación Cultural Rúa da Música-Sarria,
Asociación O Buril-Sarria, Esmorga Fest-Sarria, Festival Blues no Camiño-Sarria, Festival Terra Brava
-O Incio, Festival Treme Terra-O Incio, Rivela Love Nature-Sarria, Verbena Fest-Sarria.
Presentaremos as novidades e o seu traballo na dinamización cultural do territorio en conversa con:
- Asociación Cultural Rúa da Música
- Asociación O Buril
- Festival Terra Brava
- Festival Treme Terra
- Ribela Love Nature
- Verbena Fest
18.30 h · Mesa de Emprendemento <30. Experiencias.
Centrarase na presentación de experiencias de éxito impulsadas por persoas mozas en diferentes
ámbitos profesionais.
- Julia Lago. A Grelería no Incio
- DHG Team, Santa bikes en Sarria.
- Antía Castro. Óptica Malecón en Sarria.
- Elena López. Motociclismo galego.