



Alberto Mourelo López é cociñeiro con formación en Dirección de Cociña e especialización en Técnicas Culinarias de Vangarda no Basque Culinary Center. Conta con experiencia en distintos proxectos de restauración en Galicia, onde desenvolveu tarefas de organización, xestión de equipos e control de calidade. Actualmente exerce como docente en prácticas de Formación Profesional. Interesado no I+D gastronómico e no emprendemento, concibe a cociña como un espazo de innovación no que a técnica e a tradición dialogan para crear propostas propias.

Antropólogo, economista, escritor e documentalista dedicado á investigación, formación e divulgación nos ámbitos da antropoloxía e da historia de Galicia. Céntrase principalmente no estudo do patrimonio inmaterial. Dende 1990 dedícase ao asociacionismo e ao activismo sociocultural, sendo presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e vicepresidente da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural.

Dramaturgo, profesor da Escola Superior de Arte Dramático. ESAD.

(Palmeira, Ribeira, 1976)
Xornalista, divulgador cultural e profesor da Universidade de Santiago. Manuel Gago é director de culturagalega.gal, a plataforma de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega e profesor na facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Como escritor, é autor de diferentes novelas e ensaios ao redor do patrimonio cultural galego, como Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI (2.0 Editora), en colaboración co arqueólogo Xurxo Ayán. Como comisario de exposicións, ten explorado as conexións entre memoria, historia, patrimonio e tecnoloxía, en mostras como Ao pé do lar. Historias da gastronomía galega (Fórum Gastronómico / Museo do Pobo Galego) Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura ou (Consello da Cultura Galega), Alba de Gloria de Castelao: unha experiencia (Consello da Cultura Galega), Galicia, un relato no mundo (Cidade da Cultura / Xunta de Galicia) ou as sete exposicións de Cidades no tempo (Cidade da Cultura / Xunta de Galicia / Afundación). Gago desenvolve unha activa presenza en redes como divulgador cultural e do territorio galego.

Rut Balbis (Ourense, 1979)
Creadora-coreógrafa, intérprete e docente en artes do movemento.
Licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, formouse en danza contemporánea en The Place (Londres) . Dirixe dende 2004 a compañía Pisando Ovos, premiada no Certame Coreográfico de Madrid e presente en redes de teatros e festivais estatais e internacionais .
Colabora habitualmente con destacadas compañías de teatro e danza como asesora e directora de movemento .
No 2019 recibiu o Premio da Crítica de Galicia e en 2023 o Premio María Casares á Mellor Dirección de Movemento.

Ten formación autodidacta, percorrendo a xeografía galega para recoller a música tradicional. No 2004 comezou a formar parte do grupo Ecléctica Ensemble, despois, uniuse como cantante e percusionista á banda de Xosé Manuel Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo. Actualmente é cantante na Banda das Crechas.
Achegouse a xéneros como o cabaré, formou a compañía Cabaret d’Aquí, coa que levaron a cabo espectáculos como Unha noite no muíño non é nada ou O negro vai con todo, xunto a Nacho Muñoz. No mundo do teatro participou na obra As Dunas, do Centro Dramático Galego, e no musical Dillei de Carlos Blanco.
En 2023 lanzou o trío Permita Deus, a canda Cibrán Seixo (violín) e Antonio Casado (guitarra eléctrica).
Recibiu o premio Martín Códax na categoría de música tradicional galega en 2014 e 2017.

Pedagogo, editor e escritor. Foi durante 24 anos o director editorial de Edicións Xerais de Galicia, actualmente secretario dos Premios da Critica de Galicia, Presidente Fundación Luces, membro do Padroado da Fundación Celso Emilio Ferreiro.
Foi presidente da Asociación Galega de Editores (2010-2014), de Culturgal (2014-2017)

Comezou a súa andaina polo ano 2000 na A.C Val do Mera ( O Burgo – Lugo ), tras o cese de actividade da mesma, ano 2003, continúa coa súa formación nas escolas de baile da A.C Cántigas e Frores de Lugo. Un ano máis tarde pasa a formar parte do grupo de baile tradicional dirixido ata o 2015 por Xabier Iglesias e, do que se segue formando como bailadora ata hoxe en día baixo a dirección de Javier Sanmartín.
No ano 2009 incorpórase como bailadora á compañía de baile “ProxectoDanza” coa que no ano 2011 presenta o seu primeiro espectáculo “ Latexo” . Con esta compañía realizou colaboracións con distintos grupos da provincia de Lugo. No ano 2015 estrease o espectáculo creado por Quique Peón & Cía“O poder do Arcabuz” no que participa como bailadora. Tamén formou parte do elenco de baile do espectáculo de danza “Bailador” de Óscar Cobos cía. que rematou a sua xira en decembro do 2024.
Asistiu a numerosos obradoiros de música e baile tradicional en toda a xeografía galega, con diferentes mestras e mestres, para complementar a súa formación e visión da cultura tradicional galega.
Na actualidade, imparte aulas de baile en diferentes asociacións da provincia de Lugo, como a A.C. Peleriños de Sarria, A.C. A Legua dereita do Corgo e a A.C. Cántigas e Frores de Lugo. Por outra banda tamén forma parte do grupo de Cantareiras da “A.C. Cántigas e Frores” baixo a direción de Noemi Basanta.

Chus Caramés é bailadora desde que ten acordo e mestra de baile desde hai máis de vinte anos. Comezou a dar os seus primeiros pasos de moi noviña na agupación folclórica da súa terra natal e desde entón nunca deixou de se formar da man de diferentes docentes en cursos e agrupacións, así como de compartir puntos e voltas nas foliadas e, sobre todo, de aprender das persoas vellas que atesouran este valioso ben patrimonial.
Ademais de bailadora, acabou por ser mestra. Ao longo dos anos, ten impartido cursos regulares en diferentes asociacións culturais, mais tamén obradoiros puntuais en diferentes puntos da xeografía galega e do estado español, así como en Portugal, Grecia ou Italia. Actualmente, imparte clases regulares nas asociacións compostelás A Gentalha do Pichel e Itaca.
Alén de bailadora e pandeireteira, tamén é a coordinadora dos Encontros de Música Tradicional de Carboeiro e impulsora, xunto con Carme Campo, do proxecto para revisar o baile tradicional con perspectiva de xénero “Andar cos Tempos“, pois o seu compromiso e paixón polo patrimonio cultural inmaterial lévaa a promover iniciativas nas que se explore, transmita e poña en valor toda a súa riqueza e potencial.

Patricia Hermida traballa desde 1995 na industria da música exercendo diferentes roles dentro da cadea de valor, pero xa na última década oriéntase principalmente ao seu papel de manager e produtora. Licenciada en Dereito Económico-empresarial pola Universidade de Vigo, master en Propiedade Intelectual pola Universidade Rey Juan Carlos e e técnica Superior en Producción Audiovisual e de espectáculos, traballou no desenvolvemento de carreiras de artistas do recoñecemento de Susana Seivane ou Heredeiros da Crus, entre outros e participa activamente no asesoramento a bandas e artistas, fundamentalmente a través da Fundación Paideia.
Desde o 2019 ata o 2022 foi co-presidenta do IMMF (International Music Managers Forum) e no 2016 foi unha das socias fundadoras de MIM (Mujeres de la Industria Musical).
Actualmente, é a presidenta de AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais).


No marco de Sarria<30, Triacastela acollerá un Laboratorio de Cultura e Turismo, centrado na relación entre o tecido empresarial e empreendedor e o potencial do Camiño de Santiago como eixo de desenvolvemento local.
A sesión será conducida por Manuel Gago, experto en dinamización territorial e turismo cultural.
O laboratorio reunirá tamén a entidades e profesionais diretamente vinculados ao Camiño, co obxectivo de reforzar a cooperación público-privada, compartir experiencias e explorar estratexias innovadoras para vincular cultura, turismo e emprendemento.
A actividade está dirixida a emprendedores e emprendedoras, asociacións culturais e profesionais do sector turístico, así como á mocidade interesada en novas oportunidades arredor do Camiño de Santiago como motor económico, social e cultural da comarca.


En Sarria celebrarase un Laboratorio de Teatro con dúas sesións formativas, unha delas centrada especialmente na diversidade e na inclusión. A actividade está pensada para persoas interesadas na arte escénica e para grupos de teatro afeccionado, e contará coa colaboración de colectivos locais.
O laboratorio propón o teatro como unha ferramenta creativa, participativa e inclusiva, orientada a favorecer o empoderamento persoal e colectivo e a promover iniciativas culturais e artísticas na vila e na comarca.
A actividade está dirixida á mocidade, ás asociacións culturais e ao público xeral.
O evento central de Sarria <30 celebrarase como unha xornada aberta nun espazo simbólico e accesible no centro da vila. A Praza de Abastos converterase nun escenario compartido no que a mocidade será a protagonista, presentando proxectos culturais e empresariais, compartindo experiencias e amosando procesos creativos.
A programación combinará entrevistas abertas, mesas de debate, exposicións e actividades participativas, cun enfoque multidisciplinar que inclúe cultura, música, arte, deseño, moda, emprendemento, tecnoloxía, innovación social e comunicación. O encontro estará dinamizado por un xornalista e comunicador local, que facilitará o diálogo e a participación.
Participarán persoas mozas emprendedoras dos sete concellos da comarca, Sarria, Paradela, O Páramo, Láncara, O Incio, Samos e Triacastela, xunto con persoas convidadas con proxectos desenvolvidos noutros contextos, reforzando a conexión entre o territorio e a diáspora.
O evento está aberto a todo o público e dirixido principalmente á mocidade arredor dos 30 anos, á comunidade sarriana en xeral e ás persoas visitantes interesadas na realidade cultural e innovadora da comarca.
►
Sesión organizada polo Polo de Emprendemento de Sarria, da Xunta de Galicia, centrada nas ferramentas económicas e formativas para impulsar proxectos na comarca.
Encontro arredor das festas e tradicións locais como expresión de identidade e cohesión comunitaria, guiado polo investigador e divulgador do patrimonio inmaterial galego Rafael Quintía.
Espazo dedicado á posta en valor dos produtos locais e da gastronomía da comarca.
Presentación de festivais e iniciativas musicais e do seu papel na dinamización cultural do territorio.
Mesa centrada en experiencias de éxito impulsadas por persoas mozas en diferentes ámbitos profesionais.
Sesión electrónica OFF Sarria <30, nun ambiente festivo e de celebración colectiva.
Se queres participar nalgunha mesa coa túa proposta ou experiencia, fáinolo saber a través de:
✉︎ auria@ourvirmos.com
✆ 629 844 837



Samos será escenario dun Laboratorio de Patrimonio Inmaterial centrado no Baile Tradicional, concebido como unha masterclass dirixida aos grupos de danza da comarca.
A actividade será impartida por Chus Caramés especialista en didáctica do baile e Ruth Pérez, integrante esta última do grupo Cántigas e Frores de Lugo e ambas referentes na recuperación, difusión e ensino da danza galega.
Este laboratorio procura reforzar as capacidades formativas dos grupos locais de baile, ao tempo que promove a transmisión interxeracional e o recoñecemento social desta práctica cultural.
A sesión está dirixida á todas aquelas persoas interesadas na mellora práctica do baile tradicional.


No marco de Sarria <30, O Páramo acollerá un Laboratorio de Patrimonio Inmaterial centrado no Canto Tradicional, concebido como un espazo de aprendizaxe e transmisión oral.
A sesión estará guiada por un dos grandes referentes da música tradicional galega, Davide Salvado.
O laboratorio terá unha dimensión práctica e participativa, reunindo agrupacións da comarca e promovendo a continuidade do canto como patrimonio vivo e potenciando o intercambio entre colectivos culturais.


Dentro da programación de Sarria <30, Paradela acollerá un Laboratorio de Literatura, Rutas e Certames, impartido por Manuel Bragado, editor e referente do sector literario en Galicia.
Este laboratorio combina reflexión teórica e análise práctica, co obxectivo de dar visibilidade ao potencial do sector literario e ao papel dinamizador da cultura escrita na identidade da comarca. A proposta está dirixida á mocidade, a profesorado, creadoras e creadores, así como a asociacións e público interesado en coñecer de preto o funcionamento de certames e rutas culturais como ferramentas de promoción do territorio.


No marco do programa Sarria <30, a Láncara acollerá un Laboratorio de Danza Contemporánea, concebido como unha experiencia práctica de creación en diálogo coa natureza.
O laboratorio explorará as posibilidades da Danza Contemporanea como disciplina que integra a contorna natural, promovendo procesos creativos que poñen en valor o patrimonio paisaxístico de Láncara. A proposta contempla tamén un espazo de mediación e liderado social, facilitado pola experiencia do espazo da Palleira de Manán, onde se desenvolverá a sesión de tarde. O obxectivo é fomentar a reflexión crítica e a aprendizaxe compartida a través da danza.
A actividade estará aberta á colectivos culturais, así mesmo ao público interesado en experimentar novas formas de expresión artística vencelladas á natureza e á identidade do territorio.


Actividade formativa especializada en normativas autonómicas e estatais, seguridade nos espectáculos e implicacións legais para unha correcta e segura organización de eventos.
Patricia Hermida, é avogada especialista neste ámbito, quen achegará a súa experiencia profesional para orientar ás persoas participantes no cumprimento legal e na planificación segura dos eventos.
Actividade dirixida á organizadores, ás asociacións culturais e a profesionais vinculados á xestión musical, co obxectivo de fortalecer capacidades, compartir experiencias e mellorar a preparación técnica e legal da organización de festivais e actividades culturais na comarca.