
Patricia Hermida
LABORATORIO XESTIÓN EVENTOS MUSICAIS
O INCIO. 2 de maio de 2026
Mánager, productora e avogada especializada en dereitos autorais. Presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais. (AGEM).
Experta tanto en ‘management’, como en dirección de producción de eventos, festivais e xiras. Exerce como formadora de novos profesionais e asesora a grupos e artistas. No 2021, escribió junto a Ángel Dieste el ‘Manual de boas prácticas na xestión cultural para espectáculos ao vivo’, publicado por la Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Unha información básica para personas que quieran aproximarse a la organización de eventos culturales de forma profesional.

Chus Caramés,
LABORATORIO DE PATRIMONIO INMATERIAL. BAILE
SAMOS. 9 de maio de 2026
Especialista en didáctica do baile. Educadora, e organizadora de encontros sobre música e balie tradicionais desde o ano 2000.

Ruth Pérez.
LABORATORIO DE PATRIMONIO INMATERIAL. BAILE
SAMOS. 9 de maio de 2026
Ruth Pérez, integrante do grupo Cántigas e Frores de Lugo referente na recuperación, difusión e ensino da danza galega.
𝗕𝗮𝗶𝗹𝗮𝗱𝗼𝗿𝗮, 𝗰𝗮𝗻𝘁𝗮𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗲 profesora, Ruth comeza a súa andaina no ano 2000 na 𝗔.𝗖. 𝗩𝗮𝗹 𝗱𝗼 𝗠𝗲𝗿𝗮 (O Burgo, Lugo). En 2003, continúa a súa formación nas escolas de baile da 𝗔.𝗖. 𝗖𝗮́𝗻𝘁𝗶𝗴𝗮𝘀 𝗲 𝗙𝗿𝗼𝗿𝗲𝘀 () e, un ano despois, incorpórase ao grupo de baile tradicional, baixo a dirección de Xabier Iglesias (ata 2015) e, posteriormente, de Javier Sanmartín (2015-presente), do que segue formando parte na actualidade.
En 2009 súmase como bailadora á compañía de baile 𝗣𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼𝗗𝗮𝗻𝘇𝗮, coa que en 2011 presenta o seu primeiro espectáculo, 𝙇𝙖𝙩𝙚𝙭𝙤, e colabora con distintos grupos da provincia de Lugo.
En 2015 participa na estrea do espectáculo 𝙊 𝙥𝙤𝙙𝙚𝙧 𝙙𝙤 𝘼𝙧𝙘𝙖𝙗𝙪𝙯, creado por 𝗤𝘂𝗶𝗾𝘂𝗲 𝗣𝗲𝗼́𝗻 & 𝗖𝗶́𝗮. Ademais, forma parte do elenco de baile do espectáculo de danza 𝘽𝙖𝙞𝙡𝙖𝙙𝙤𝙧, de 𝗢́𝘀𝗰𝗮𝗿 𝗖𝗼𝗯𝗼𝘀 𝗖𝗶́𝗮.
Na actualidade, imparte aulas de baile en diferentes asociacións da provincia de Lugo, como a 𝗔.𝗖. 𝗣𝗲𝗹𝗲𝗿𝗶𝗻̃𝗼𝘀 de Sarria e a 𝗔.𝗖. 𝗔 𝗟𝗲𝗴𝘂𝗮 𝗗𝗲𝗿𝗲𝗶𝘁𝗮 de O Corgo. Ademais, forma parte do grupo de Cantareiras da A.C. Cántigas e Frores, baixo a dirección de Noemi Basanta.

Manuel Bragado
LABORATORIO DE LITERATURA, RUTAS E CERTAMES
PARADELA 16 de maio de 2026
Pedagogo, editor e escritor. Foi durante 24 anos o director editorial de Edicións Xerais de Galicia, actualmente secretario dos Premios da Critica de Galicia, Presidente Fundación Luces, membro do Padroado da Fundación Celso Emilio Ferreiro.
Foi presidente da Asociación Galega de Editores (2010-2014), de Culturgal (2014-2017)

Davide Salvado
LABORATORIO DE PATRIMONIO INMATERIAL. CANTO
O PÁRAMO. 16 de maio de 2026
Ten formación autodidacta, percorrendo a xeografía galega para recoller a música tradicional. No 2004 comezou a formar parte do grupo Ecléctica Ensemble, despois, uniuse como cantante e percusionista á banda de Xosé Manuel Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo. Actualmente é cantante na Banda das Crechas.
Achegouse a xéneros como o cabaré, formou a compañía Cabaret d’Aquí, coa que levaron a cabo espectáculos como Unha noite no muíño non é nada ou O negro vai con todo, xunto a Nacho Muñoz. No mundo do teatro participou na obra As Dunas, do Centro Dramático Galego, e no musical Dillei de Carlos Blanco.
En 2023 lanzou o trío Permita Deus, a canda Cibrán Seixo (violín) e Antonio Casado (guitarra eléctrica).
Recibiu o premio Martín Códax na categoría de música tradicional galega en 2014 e 2017.

Rut Balbís
LABORATORIO DE DANZA CONTEMPORANEA
LÁNCARA. 23 de maio de 2026
Creadora, coreógrafa, intérprete, profesora de artes do movemento, fundadora e directora da compañía Pisando Ovos dende o ano 2004. É licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e cursou o One Year Certificate in Contemporary Dance en The Place, en Londres.

Manuel Gago
LABORATORIO CULTURA E TURISMO
TRIACASTELA. 23 de maio de 2026

Ernesto Is
LABORATORIO TEATRO + XORNADA INCLUSIÓN
SARRIA. 2 e 9 de maio de 2026
Dramaturgo, profesor da Escola Superior de Arte Dramático. ESAD.

Rafael Quintía
MESA DE PATRIMONIO INMATERIAL
SARRIA. 30 de maio
Antropólogo, economista, escritor e documentalista dedicado á investigación, formación e divulgación nos ámbitos da antropoloxía e da historia de Galicia. Céntrase principalmente no estudo do patrimonio inmaterial. Dende 1990 dedícase ao asociacionismo e ao activismo sociocultural, sendo presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e vicepresidente da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural.




















